Francisco Rodriguez do BNG onte en Lugo
A.O.P : No Progreso do día 20 de Xuño do 2006 apresenta a noticia sobre a Conferencia de Francisco Rodríguez do día anterior en Lugo . Nel dice cousas bastante sensatas a respecto do estado no que están as infrastructructuras na Provincia de Lugo . Unha das Cousas que eu nunca entendín nin logrei a encaixar foi como era posible que houbese unha Autovia Lugo - Ourense por Chantanda e un Corredor Lugo-Monforte pola outra beira do Miño , cando a lóxica total sería unir Lugo e Ourense conectando Sarria e Monforte via Autovía por poboación e por vertebración total da Galicia Interior e en todo caso pasar o Corredor o outro lado do rio e a Autovia unindo Sarria e Monforte con Ourense ( xusto ó revés ) . Por eso paso a transcribir as palabras de Rodríguez en Lugo porque veñen a dar resposta a miña dúbida histórica de porqué unha autovía tan sin xeito polo lado de Chantada !
O "facer que facemos " leva por Chantada a Autovía a Ourense :
Francisco Rodríguez apostou onte por qué a autovía entre Lugo e Ourense se faga por Monforte e non por Chantada , xa que coida que o traxecto por esta última localidade é unha mostra dos dislates dun deseño de infrastructuras que obedece ao "facer que facemos ". O deputado nacionlista non entende que se vaia a facer entre Lugo e Ourense unha autovía por cada ribeira do Miño e considera máis util unha que enlace Ponferrada , Valdeorras , Monforte e Lugo . Para o parlamentario do BNG , isto é consecuencia de que as infrastructuras se están a planificar dende Madrid . Iso explica por qué o Goberno español aceptou facer dous portos secos ( os da Coruña e Ferrol ) a doce quilómetros un de o outro , porque é un negocio brutal para as empresas e para o Goberno é facer que facemos ", sinalou . Unha autovía será util na medida en que se recupere dinamismo ou se vertebre o territorio " recordou